Hendrik Anthony Kramers, tamén coñecido como Hans Kramers, nado en Rotterdam o 2 de febreiro de 1894 e finado o 24 de abril de 1952, foi un físico neerlandés que traballou xunto a Niels Bohr na investigación da interacción de ondas electromagnéticas.
Tras case dez anos traballando no grupo de Bohr e tras converterse en profesor asociado na Universidade de Copenhague, Kramers pasou a traballar como profesor de física teórica na Universidade de Utrecht, onde supervisou a Tjalling Koopmans. En 1934 converteuse no sucesor de Paul Ehrenfest en Leiden, mantendo tamén dende 1931 un posto na Universidade de Tecnoloxía de Delft.
En 1925 desenvolveu xunto a Werner Heisenberg a fórmula Kramers–Heisenberg da dispersión. Tamén se lle acredita[1] a introdución en 1948[2] do concepto da renormalización na teoría de campos cuánticos, malia que nunha aproximación non relativista.[1]. Desenvolveu tamén as relacións Kramers-Kronig en colaboración con Ralph Kronig.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search